Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos, estadísticos y para mostrarte publicidad personalizada en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si deseas más información puedes obtenerla haciendo clic en nuestra Política de Cookies. Puedes aceptar todas las cookies pulsando el botón “Aceptar” o personalizar tu elección haciendo clic en CONFIGURAR O RECHAZAR SU USO.


Imagen no disponible

Arquitectura Popular en Galicia "Razón y Construcción"


Autores: LLANO, PEDRO DE; RODRÍGUEZ, JUAN; SALGADO, ALFONSO.

Editorial: Edicions Xerais De Galicia, S.A.

Idioma: Castellano

Estado: Consultar disponibilidad

Precio: 44.25€


ISBN: 978-84-9782-463-7

Edición nº 1

Año: Oct 2006

Nº de páginas: 234

Encuadernación: Rústica / Tapa Blanda

Dimensiones: 24 x 28 cm

Descripción de la obra


Arquitectura popular en Galicia é a nova edición dun libro clásico, publicado hai xa máis de vinte anos, que agora Xerais recupera, revisado e actualizado polo seu autor, o arquitecto Pedro de Llano. Trátase da edición dun título emblemático, varias veces esgotado, que hoxe se complementa con novos apartados que posibilitan unha lectura actual da arquitectura anónima que foi obxecto do estudo deste libro. A intención da nova edición que Xerais saca á luz é revitalizar esta apreciada e transcendental investigación para situar o rico acervo da arquitectura popular no noso actual contexto temporal, aceptando que se ben resulta incuestionable que, na súa globalidade, toda arquitectura deberá desaparecer unha vez esvaecidos os usos que lle deron vida, esas austeras construcións populares, que intelixentemente rehabilitadas poderían manter a súa funcionalidade como contedores de vida por un longo período de tempo, teñen aínda moitas cousas que ensinarnos.
Co tratamento gráfico de Alfonso Salgado e fotografías de Juan Rodríguez, Arquitectura popular en Galicia afronta esta nova edición actualizada desde o convencemento de que, ao longo de todos estes anos, o libro logrou que medrase en Galicia o interese pola transcendencia cultural das edificacións anónimas, ás que Pedro de Llano dedicou un longo período da súa vida, buscando entre os seus muros os segredos da racionalidade. Por iso hoxe, a esta nova edición, o autor engádelle unha importante reflexión persoal sobre o interese da súa potencial rehabilitación e o posible proveito do seu estudo como base de apoio para o traballo creativo dos arquitectos

Proyecto financiado por la Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura, Ministerio de Cultura y Deporte» y «Financiado por la Unión Europea-Next Generation EU