Descripción de la obra
Vigo.
Setembro de 1972.
Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga.
Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación.
Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial.
O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo.
Nese relato achará as claves de quen é a súa familia.
Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Álvaro co inquietante Bruno.
Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P.
Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie.
Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.