Descripción de la obra
Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal.
Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza.
A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra.
Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir.
Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos? Infamia é un thriller psicolóxico onde nada é o que parece.
Unha novela de ritmo vibrante que agarra o lector e o conduce aos sumidoiros da condición humana.
Unha historia de amor, odio e loucura.
Fiel á súa escrita, Ledicia Costas é quen de explorar o máis recóndito da alma humana ofrecéndonos unha novela poderosa e adictiva.