Descripción de la obra
Xulia é xornalista e acaba de separarse, polo que regresa a Galicia co seu fillo Sebas.
O rapaz ten dez anos e está convencido de que a avoa Luz é o deus Thor porque nunca se separa do seu martelo.
Malia que agoche polvoróns nas medias, beba Sansón ata ver dobre e diga mentiras sen parar, Sebas adora a súa avoa.
Xulia non opina o mesmo.
Para ela, volver á casa familiar supón enfrontarse a un pasado cheo de segredos que precisa desvelar.
O narcotráfico na Galicia dos anos noventa, o mundo dos coidados e a procura da verdade envolven este melodrama, salvaxe e tenro, habitado por uns personaxes inesquecibles.
Despois do éxito de Infamia , Ledicia Costas regresa, dende o seu talento creativo, con Golpes de luz , unha novela sorprendente e divertida.